Somos

Nacemos, medramos consumimos e morremos.
E ninguén se ergue para rota-la máquina cara o inverso, cecáis porque vivimos sentados no sofá, onde dende a televisión nos informan da realidade que queren informar e da que nós queremos ver.
Consumimos sen pensar, vivimos sen pensar e protexémonos do pensamento e da moral baixo a máxima: “A vida é para disfrutar”; e como para disfrutar todo serve, olvidamos que “o ermitaño quizáis non atopou a ledicia por que non tivo con quen compartila”, e presumimos ser felices na rutina na que estamos pechados.
Somos bonecos de trapo nas mans dunha sociedade que se está encamiñando por si mesma cara a propia autodestrucción , unha sociedade violenta, racista, contaminada de falsas verdades e contaminante de ríos e mares, bosques e selvas; unha sociedade de tristeza onde nin sequera somos conscientes da tristeza que padecemos por intentar ser felices en lugar de procurar evita-lo sufrimento.
Co fin de sermos felices sacamos do noso entorno, do medio natural todo e máis do que precisamos para ser felices, para poder consegui-la harmonía , porque olvidamos de que o medio somos nós e se destruimos o noso medio pronto ou xa comezaremos a destruirnos a nós mesmos.
Mans invisibles están a move-los fíos das nosas vidas pero non somos conscientes por non pensar ou por non querer pensar; mans invisibles están a crear necesidades en nós que non sabemos ou non queremos descartar porque seguro que nos fan a vida máis cómoda, aínda a prexuicio de nós mesmos; mans invisibles están a crear pensamentos e valores superfluos, o compás das modas, co fin de resolver as nosas necesidades de autorrealización; mans invisibles que moven fíos, átannos con complexos entramados sociais dos que non queremos ser protagonistas nin solucionadores; mans que moven fíos están a manexarnos como as máquinas que eles mesmos contrúen, como as máquinas autómatas nas que xa nos estamos convertindo; máquinas que non diferencian entre persoas e cousas , entre precio e valor, entre feitos e honor, entre ideais ( se queda algún) e realidade.
Somos a raza dos animais do conformismo, a da apatía e a do cansancio, a do estrés e da rutina, a da monotonía...
Somos mortos que camiñamos sen destiño sobre o asfalto, mortos que camiñan entre mortos, mortos que non sinten, mortos que comen pedras de cores; mortos que cren que seguen vivos....

No hay comentarios: