Quen nos move??

Benquerido lector:
Benvido!!
"¿Quen nos move?" É un pequeno poemario que realicei fai uns anos e que decidin compartir aquí, para mostrar un anaco de reflexión, un anaco das inxustizas, alegrías, medos e infernos na nosa paradóxica sociedade.

Algúns dos poemas foron publicados do 2006 no 2º Caderno de Estudos Chairegos, grazas o Iescha(Instituto de Estudos Chairegos ). Ante todo, o meu agradecemento.
Nesa ocasión, parte das obras que hoxe ledes recollíanse no poemario "Soños e asfalto", creado especialmente para o libro.

Se me permites unha recomendación, non leas todolos os poemas á vez.
Cada poema é un mundo. Un mundo que sempre vai estar ahí, se che gusta un poema, é mellor disfrutalo, leelo con calma, e soñar se é preciso.
Dedicate un tempo para pensar se cho pide o corpo, e un pouco máis tarde, ou quizáis outro día, continúa disfrutando da lectura.
Se é a primeira vez que les poesía, le con calma.
Cada poema é un libro aberto, cada poema, unha novela que esconde o máximo climax detrás das verbas.
Son relatos sobre a vida, sobre o mundo. Son relatos que tes que vivir ti.

" ¿Quen nos move?" Naceu entre outras moitas cousas, por dous motivos:

1- O sentimento.

Non é imprescindible entender, desfruta das sensacións que te xeren os poemas. Ás veces estamos máis preocupados en ter, que en sentir.

2- A reflexión.

O mundo xira a velocidade infinita, sen embargo, deberiamos ser capaces de ter 5 minutos cada dia para parar, buscar ós sorrisos da xornada e ser agradecidos. As veces estamos máis preocupados en comprar, que en pensar.

¿Quén nos move? ¿Qué nos move?

Nin todo o que nos din que é bo, é bo.
Nin todo o que nos din que é malo, é malo.

Ti decides.

Saúde e sorte

Todos!!

A todos aqueles q subsisten
baixo a presión que afoga o aire.
A tódolos que subsisten entre o asfalto,
Por morrer soñando entre os fumes da cidade.
A ti tamén.

Somos

Nacemos, medramos consumimos e morremos.
E ninguén se ergue para rota-la máquina cara o inverso, cecáis porque vivimos sentados no sofá, onde dende a televisión nos informan da realidade que queren informar e da que nós queremos ver.
Consumimos sen pensar, vivimos sen pensar e protexémonos do pensamento e da moral baixo a máxima: “A vida é para disfrutar”; e como para disfrutar todo serve, olvidamos que “o ermitaño quizáis non atopou a ledicia por que non tivo con quen compartila”, e presumimos ser felices na rutina na que estamos pechados.
Somos bonecos de trapo nas mans dunha sociedade que se está encamiñando por si mesma cara a propia autodestrucción , unha sociedade violenta, racista, contaminada de falsas verdades e contaminante de ríos e mares, bosques e selvas; unha sociedade de tristeza onde nin sequera somos conscientes da tristeza que padecemos por intentar ser felices en lugar de procurar evita-lo sufrimento.
Co fin de sermos felices sacamos do noso entorno, do medio natural todo e máis do que precisamos para ser felices, para poder consegui-la harmonía , porque olvidamos de que o medio somos nós e se destruimos o noso medio pronto ou xa comezaremos a destruirnos a nós mesmos.
Mans invisibles están a move-los fíos das nosas vidas pero non somos conscientes por non pensar ou por non querer pensar; mans invisibles están a crear necesidades en nós que non sabemos ou non queremos descartar porque seguro que nos fan a vida máis cómoda, aínda a prexuicio de nós mesmos; mans invisibles están a crear pensamentos e valores superfluos, o compás das modas, co fin de resolver as nosas necesidades de autorrealización; mans invisibles que moven fíos, átannos con complexos entramados sociais dos que non queremos ser protagonistas nin solucionadores; mans que moven fíos están a manexarnos como as máquinas que eles mesmos contrúen, como as máquinas autómatas nas que xa nos estamos convertindo; máquinas que non diferencian entre persoas e cousas , entre precio e valor, entre feitos e honor, entre ideais ( se queda algún) e realidade.
Somos a raza dos animais do conformismo, a da apatía e a do cansancio, a do estrés e da rutina, a da monotonía...
Somos mortos que camiñamos sen destiño sobre o asfalto, mortos que camiñan entre mortos, mortos que non sinten, mortos que comen pedras de cores; mortos que cren que seguen vivos....

Somos II

Somos animais sen soños.
Animais que non poden soñar
Animais que sen soños non saben
O ben que nos fai o soñar.
Non soñes que eu non te obrigo
Non soñes nin penses nos soños
Mais na morte do teu pensamento
Non soñes se non tes alento.

Asfalto

E vai rodando a vida
Entre os coches,
entre as motos,
sobre o duro e negro asfalto;
atropelados desexos,
rúa fría e solitaria.
E baixo as rodas,
A liberdade vai morrendo,
e entre feroces
das xentes os pasos,
a rutina ven caendo.
Como gotas de auga
Que o caer estoupan
Que o caer resaltan
A sucia liña branca
De descontinuidade santa.
E veloces os peóns
Van pisando
Van mirando
O chan da súa vida
O mesmo chan da súa vida
O sempre igual e mesmo chan
Que vai raiado
Que vai quebrado
Baixo as chancas do camiño
baixo as luces candelorias do destiño.
E vai xirando a roda
E vai movendo o mundo
Coa súa inercia toda.

Sen embargo,(e duro o asfalto que leva a ningures)
Que te leva sen control
Lonxe do fogar
Lonxe da vida
Que desexas cando miras
Cando miras o horizonte
Cando miras entre os montes
De asfalto cubertos
De asfalto que naceu


Entre os montes descubertos.
E o rodicio da vida
Galopa nas rodas
Dos coches
Das motos
Sobre o duro
Sobre o negro
Sobre o inflexible e cruel
Asfalto.

Tristoutono

Choran os tristes carballos
As súas follas caídas están
Pisadas por pés e cabalos
Un neno recólleas coa man.

Está solo o cativo menudo
A súa nai, xa non está ;
As súas roupas molladas de bágoas
Nas súas mans, as follas están.

Teoría xeral da relatividade

Cando o branco sexa branco
Cando o negro sexa negro
Todo tornará branco
Todo tornara negro
E o negro será branco
E o branco será negro.

Lentamente

Lentamente as bágoas choran. Lentamente os tristes carballos.
Lentas as caricias,
Lentos os pasos no asfalto.
Lentamente, badaladas no ceo. Lentamente liturxia na Eirexa.
Lentas as apertas,
Lentos os pasos no asfalto.
Lentamente, murmureos de morte. Lentamente choiva de inverno.
Lentas as caricias,
Lentos os pasos no asfalto.
Lentamente a porta da Igrexa. Lentamente, a caixa nos hombros.
Lentas as apertas,
Lentos os pasos no asfalto.
Lentamente, polo camposanto. Lentamente, os vivos detrás.
Lentas as bagoas caendo,
Lentos os pasos no asfalto.
Lentamente rosarios que suben. Lentamente as frores no chan.
Lentas apertas de rabia,
Lentos os pasos no asfalto.
Lentamente cadaleito na terra. Lentamente durmido xa esta.
Lentamente as bágoas caendo,
Lentos os pasos no asfalto...
Os pasos no asfalto...
Pasos no asfalto...
No asfalto...
Asfalto... A morte.

¡Oh, vida!

Se me volveras bicar
Cos teus beizos fríos
Coas tùas bágoas frías.

Se poidera ve-lo sol de maio
Crecendo alén do ocaso.
Se poidera escoita-las árbores,
Pequenas en flor na primavera
Se poidera sulfata-las túas vides

E enxugarme co viño da vida.
Se poidera darlle unha aperta
(de esperanza)a aquela muller encinta,
respirar e escoitar
palpexa-lo corazón do meu amado.

Cos meus cabalos
e o meu carro de buxo
polo mundo iría dando apertas
e bicos e agarimos
a vellos, nenos, bestas e frores....
Pero non podo, porque a morte…
so pode matar.

Soños


Soño soñados soños
Inalcanzables
Insoportables
Soños ben soñados soño
Entre as estrelas da noite
Entre as ortigas dos montes,
Soñador de soños son
De soñados incumpridos
De soñados desexados.
Soñador de soños son
De soños invisibles
Que por seren soños non se incumpren
Soñador de soños son
E por ser soñador
O sono invádeme no leito
Invádeme na vida
E desexo de facer
E desfacer soños soñados
E despertar
E ser de día
E no día cumplí-los soñados soños
Pero a apatía
Invádeme no leito
Invádeme na vida.

Xa tañen as campás

Xira a vida
Indiferente na terra
Redobrando os corazóns
Astutos zorros
Antes obreiros
Viven nos cumios
Indiferentes do chan...
Demasiado diñeiro
Armando murallas
Xacendo nos arcos.
Imbéciles somos
Roubados de soños
Antaño perdidos.
¿Ulo?
Ninguén recorda
Soñar.
Outros
Ñúes agrios e angostos
Operan as mentes
Xirándoas conformes
Argüindo necesarias
Transformacións e
Artimañas.
Ñúes angostos e agres
Esperan a derrota:
Negra, como non.
Agre, por suposto.
Sangue escorregadiza
Calada e susurrante
Aplazado por interese.
Movementos en contra
Patriotas dos soños
Amigos da liberdade
Sen sangue son.

Marchan

Brilla o sol intempestivo e árido
No ceo seco e frío brilla,
no inverno frío e permanente.

Entre as cruces do camposanto
A suor encharca as caixas
Encharca os crisantemos
Que podrecen xunto os cardos
Que podrecen xunto os mortos;
Que entrelazan as espiñas
ás portas do purgatorio

E morrendo van os vivos,
Polas sendas,
Correndo detrás

Na máquina do tempo

Cruzando unha porta ó pasado,
Pasado o paso, futuro,
Presente, pasado tristeiro
Futuro, presente no escuro.

Falsa liberdade

Escapan galgos os cabalos
Baixo a tempestade
Fría do inverno
Que zoa nas crines
Molladas do tempo.
Fuxen da liberdade,
vida de sonos:
velados,
erguidos e soñados.


…Un campo aberto…


E verde a herba
e verdes os soños
que brillan nun ceo
de nubes de soños
erguidos e soñados.

Quietiños

Luxadas, rotas, pernas quebradas
Raíces sen ritmo, raíces cravadas
As mortes soñadas dos corpos ferintes
A ialma sen vida dos mortos vivintes
Son vidas sen ritmo, son vidas marcadas

Raias

Entre as raias que o sol esgrime
Ergueito sobre os tellados
Contemplo
O mundo cos meus ollos
De soños agardados
Entre as oblicuas
E verticáis caendo
Sombras de luz reflexadas
Nunha parede de raias
De cables maqueadas
Miras coma min a unha morta e inerte parede
Onde nunca pasa nada.

Exhumados

Tranquilos repousan os mortos
Baixo as cruces cravadas na terra
Debaixo das pedras inscritas
Un corpo se morre, berra, berra...

Silencio

¡Escoita o silencio!
-non podo
¡escóitao!
-non podo, non hai.


Cerro os ollos
Invadindo o espacio das tebras
Das nebulosas tolemias.
Xa non hai
É imposible.
No rincón máis oscuro,
agochado, estou perdido.
Buscando o silencio...
Camiño entre as rochas
Nas covas
Na noite
Buscando o silencio...
Non máis ruido
Do que podo escoitar.
Pero sempre hai ruido
Sempre onomatopeias
Que calan o silencio...
buscando o silencio
Camiño nas tebras
de sons ruidosos,
agochándome no meu
busco o silencio...
e coa forza das mans
pecho o ruido
e busco o silencio...

¡shhhhhh.....!
busco o silencio…

Só quedan pedras

E no medio do monte cen casas,
E no medio da fraga chimeneas,
fumean.
E no medio da aira mil mortos;
Asubían.
E debaixo das pedras cen moscas,
E debaixo das moscas cen herbas,
E debaixo das herbas, mil terras
Perdidas.
***********************
¡¡¡¡¡¡e pensar que debaixo da néboa hai vida!!!!

Anorexia

Hai unha muller diante do espello.
Soa e espida.

Move os brazos, as mans pola cara.
Mírase na escura silueta do espello
Mírase a través do trasluz cristal.

Soa e espida.
Hai unha muller que chora no espello.
As bágoas esvaran no frío espectral.
No espello, as peles tiritan co frío;
As luces, sen luz.
E chora
soa e espida,
o xeo tirita na pel.

No cumio do espello
Reflexada.
No cumio do espello.
A morte.

Coiteladas

Nunha rúa solitaria,
Na noite,
Camiño sonámbulo
Camiño morto pétreo.
Nunha rúa noctámbula,
(Soíño)
Ferido camiño,
Directo o meu leito,
coitelos no peito.

Marcan-pasos

Sentados,
Sentados esperando a morte,
Sentados esperando a unha morte,
Que non chega.
Achegamos moribundos sentimentos
Que aploman o loito da vida
Que semellan Santos.
Vida nun mundo de mortos,
Mortos que choran na rúa
Baixo as bagoas dos anxos que choran;
E na gris goteira
Que aplasta constante o asfalto,
Os socráticos doutores
Marcan o ritmo da vida
Marcan da morte o compás.

Ciclosónciclos

Un corazón que non para
unha chama que ilumina.

Unha vida
Un neno que as frores descobre
Unha vida
O cadaleito de frores se cobre

Unha vida
De bágoas, apertas e cores
Unha vida
Finada nun moble

Outra vida
Ó morto que recorde
outra vida ou outra morte.

MANIFESTO DO SOÑADOR

Son turbios os cristáis da habitación. Entra a claridade mais a luz disipase entre as bágoas condensadas na xanela. Fóra, vida, movemento...cecais ledicia. Dentro, ferro, tristeza, soedade, madeira podre e vella, que non antiga.
Xeométrico, racional, preciso, organizado é o mundo no que viven os nosos ideais; cecáis as formas cuadráticas e ortogonais encerran ás emocións e ós sentidos; cecáis...xa non queden sentimentos...¡nin ideais!; cecáis sexamos meros obxectos na busca doutros obxectos, na búsqueda do ferro, da madeira, do ouro que semella brillante.
Cecáis os altos muros enladrillen os nosos ideais, aqueles incendiarios doutrora, aqueles polos que moitos corpos con caras sen nome que morren a diario.
Hoxe xa non morremos...porque vivimos no mundo dos mortos.

¿Seremos feras, instintos homoxéneos sen alma e sen senso?

- Creo que non.

¿$omo$ robot$ $ilenciadoS pola$ ma$a$?

- Creo que non.

Cando todos se senten...ERGUEDEVOS se credes que é preciso.
Cambiade o rumbo das vosas vidas cando pensedes que xan non queda rumbo.
Porque se non vivimos, se non somos conscientes de ser nós mesmos, non lograremos escoitar ó noso corazón e deixarnos arrastrar cara os nosos soños.

Disfrutemos a natureza en lugar de destruir
as verdes herbas e o doce sabor das frores nun campo tranquilo.
Ou nun ceo azul onde brilla un sol amarelo pincelado con cirros crepusculares



REVIVIDE os vosos soños .
Se non soñamos, se non vivimos, seremos obxectos, un sofá nun salón rodeado de caixas con imaxes.

Cando te canses, PARA; deixa que o mundo corra inerte mentras ti pechas os ollos para facer realidade os teus soños.

DESPERTA!¡Non morras no asfalto!























..............non morras no asfalto............